AIXE

Servicios y Traducciones, S.L.

Quen somos?

Este equipo de profesionais naceu en 1998 co fin de unir os nosos esforzos, experiencias e coñecementos para así ofrecerlles un servizo integral aos nosos clientes en canto a traducións, corrección de textos e asesoramento lingüístico.

Somos un grupo con coñecementos especializados para a tradución e corrección de textos das Administracións públicas, de telecomunicacións, de software, educativos, bancarios, publicitarios, turísticos, literarios…
Os nosos principais idiomas de traballo son: castelán, éuscaro, inglés, francés, catalán, alemán, galego, portugués e italiano. Así e todo, grazas á nosa ampla rede de colaboradores, podemos ofrecerlle un servizo de calidade tamén en moitos outros idiomas.