• Para nós, cada un dos nosos traballos é único, non hai dous textos idénticos. Dous textos de idéntica lonxitude poden requirir un esforzo moi diferente para a súa tradución ou corrección, por causa do tema, a sintaxe, a terminoloxía, os idiomas de que se trate…
  • Por iso, non ofrecemos unha tarifa única para os nosos traballos, senón que elaboramos un presuposto axustado ás características de cada un deles; ou, no caso de tratarse de traballos periódicos, facemos un presuposto global valorando as súas características xerais.